Obtendo novo software

Trisquel ven con software pre-instalado para as tarefas comúns de cada día, e pode estenderse facilmente coa axuda dos miles de paquetes dispoñibles no noso repositorio. Nun catálogo gráfico doado de empregar, existen paquetes para a educación, ciencia, programación, redes, xogos e moito máis.

O noso software actualízase constantemente tanto por seguridade e resolución de erros coma por diversas melloras, e estas actualizacións aplícanse de xeito sinxelo a través dunha ferramenta gráfica. Serás notificado cada vez que estén dispoñibles actualizacións, e cando se publique unha nova versión de Trisquel.

O navegador de internet pode tamén ser mellorado instalando extensións libres tales coma bloqueadores de publicidade, xestores de descargas, administradores de marcadores, temas visuais...