Obtendo axuda

Podes obter axuda sobre como empregar Trisquel de moitos xeitos. Xa sexa examinando os manuais incluídos no sistema ou consultando a nosa documentación en internet, atoparás abundante información sobre o uso do software. No caso de que algo saíse mal podes consultar a base de datos de incidencias ou ben informar do problema e facer suxerencias.

A comunidade está sempre aí para ti a través do noso foro e a nosa lista de correo, ambos dispoñibles en diferentes idiomas. Neles poderás recibir e dar axuda, coñecer xente e manterte en contacto. Tamén podes acompañarnos no noso canal de IRC #trisquel-es en freenode ou jabber.

Se queres implantar Trisquel nunha empresa ou escola podes obter soporte comercial a través do noso socio Sognus S.L.U.